miércoles, 4 de junio de 2008

GRAZAS ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO!


Moitas grazas Alfonso Álvarez Cáccamo por dar resposta a nosa petición de invitarte ao Festival Letras Galegas 2008.Non pudeches vir aquel día , pero a túa resposta queda para que os nosos alumnos e alumnas saiban que na vida non hai NADA IMPOSIBLE.

"Ola amiga Marta. Moitas grazas polos vosos esforzos e polo voso cariño coa figura do meu pai. Aínda hoxe abrín este correo. Foron días moi emocionantes e de moito traballo pero pagou a pena comprobar como se emborcou o mundo do ensino na celebración destes días. Quédoche moi agradecido. Alfonso Álvarez Cáccamo" (Palabras citadas textualmente da súa mensaxe)

GRAZAS A TI.

BIOGRAFÍA: Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) cursou estudos de Filosofía e Letras e de Maxisterio. De vocación literaria tardía, foi un dos renovadores das letras galegas nos noventa. Publicou, entre outras, as novelas, Peito de vimbio (1988), As baleas de Eduardo Reinoso (1990)e O espírito de Broustenac (1996). Tamén publicou libros de relatos como O eco do Ramallón (1992), Xente de mala morte (1993) ou Tecendo panos (2000) e como poeta editou Na flor do vento (1999). É autor da Biografía de Xosé María Álvarez Blázquez (1994) e traduciu ao galego as novelas de seu pai, Na vila hai caras novas e Enchen as augas.

3 comentarios:

IGNACIO-TECNICO dijo...

que bién, nos ha respondido!!!

Marta dijo...

Me parece genial que Alfonso Álvarez Cácamo tuviese la amabilidad de responderle a Marta el e-mail, aunque no pudiese venir, yo creo que le habría encantado la obra.
Marta Rabuñal 6ºB.

Almudena dijo...

Alfonso tés moita valentía.
Eu aínda que non foras a ver a obra (que quedou moi bonita)dedícoche tres hurras:
-Hip,hip hurra.
-Hip,hip hurra.
-Hip,hip hurra.
A Alfonso Álvarez Cácamo.