martes, 10 de junio de 2008

¿QUEN DIXO MEDO?



¿ QUEN DIXO MEDO ?

Querido diario:
Todo o mundo considérame forte, grande, negro e malo. Desde sempre dedícome a asustar á xente falándolles na orella. Dígolles cousas como que non vaian polas rúas con sombras, que os monstros viven debaixo das camas, ou que os bosques están cheos de meigas, e así quedaban “medicas” para sempre.
Unha vez fun a casa dunha familia que tiña dous fillos. A nena maior, Ana, foi doado de convencela para que fose “médica” pero ... o neno pequeno resistiuse. Aquel rapaz levaba a Valentía, pousada no seu ombro. Ó principio deume medo, pero mireina mellor e caín na conta de que a miña inimiga era moi pequerrecha. Ela dedicábase a animar á xente a sentirse fortes, a non temer a nada, a ser uns “valentes”. Intentei que o pequeno morrera co medo pensando nun monstro come-nenos, pero nada, Valentía dicíalle que iso non existía e el facíalle caso, así que marchei e fun amedrentar ás familias que me quedaban.
Ó outro día volvín e intentei de todo: pantasmas nos armarios, arácnidos xigantescos, a invasión das ratas... Valentía convencíao ¿como? non o sei, pero facíao. Falaba do malo que era eu, e que só enganaba e non sei que máis. Ó principio non lle din importancia, pero non pensei o mesmo cando comecei a encoller e ela a medrar.
Cada vez máis nenos levaban a Valentía no seu ombro, e ata a irmá daquel rapaz botoume fora do seu lado. Valentía era cada vez máis grande, branca, forte e boa.
Quen o ía dicir, convertinme no típico mediño das barracas ¿non sabes? O susto de cando estás na punta da curva da montaña rusa ou no máis alto da noria. Un medo insignificante que case lles gusta! Malpocado de min!

Sara Basanta Torres (1º Premio Certame Letras Galegas 2007)

4 comentarios:

Unknown dijo...

Gustóume moito sobre todo porque é imaxinativo e divertido noraboa.

Unknown dijo...

me ha encantado , no me extraña nada que ganara elconcurso de letras galegas , yo le doi ánomos para que siga escribiendo los relatos tan bonitos este comentario escribiuno paula fernandez de 6º a

iria_ballerina dijo...

Paréceme unha historia moi divertida, non me estraña que gañaras o 1º premio.

Almudena dijo...

Paréceme un relato moi bonito é interesante.
Creo que(case) ningunha persoa se lle ocurriría escribir do seu diario.
Eu lle daría sen dúbida algunha o
1º posto ainda que así foi.
Enhoraboa:

Almudena