martes, 10 de junio de 2008

¡TEÑO MEDOO!



Todo empezou nun colexio, no recreo tres nenos Pablo, Xoan e Nacho mais dúas nenas Iria e Sara, decidiron ir á casa de Xoan a durmir. Pero Pablo tíñalle medo a escuridade.Chegou ese día e os cinco:Pablo, Xoan ,Nacho, Iria e Sara prepararon os seus pixamas, xoguetes... para pasalo de marabilla esa noite en casa de Xoan.
Cando chegaron, todos xogaron cos seus xoguetes, cun videoxogo, foron a cear, lavaron os dentes e fóronse a contar un conto para irse á cama. Pablo, Xoan e Nacho durmiron nun cuarto e Iria e Sara no da irmá de Xoan. Cando apagaron as luces Xoan escoitou ...”Teño medoo”... en baixiño.
Xoan avisou aos demais para facer unha pequena xuntanza para saber quen dixera... "¡Teño medoo!”... Pablo, como tiña vergoña, dixo que el non fora, e así todos e todas (menos a irmá de Xoan) “eu non fun, eu non fun...” ata que Xoan dixo que non importaba quen fora, que todos e todas tíñanlle medo a alguna cousa.
Entón Pablo dixo que fora el o que dixera iso porque tíñalle medo á escuridade, a Xoan ocorréuselle buscar unha lámpada de noite, pero non a atoparon. Por isso, Pablo decidiu plantarlle cara ao seu medo : a escuridade coa axuda dos seus compañeiros e compañeiras.
Cando chegou a casa contoullo todo a súa nai.



No hay comentarios: